sábado, 25 de junho de 2011

PROGRAMA ACTIVIDADES (Xuño 2011)

Xoves 30 Xuño
Xuntanza Asamblea Aberta as 20:30 na Praza (estas é nova data para o verán): aquí se plantean as propostas a aceptar e calquera pode opinar libremente

Mércores 29 Xuño 2011
Reunión de organización as 20:30 no Bar Salgueira

Martes 28 Xuño 2011
Reunión de todas as comisions as 20:30 na praza (se chove Salgueira)

Luns 27 Xuño 2011
Proxeccion audivisual as 21:30 na praza do Concello

--------------------------------------------------------------------

Sabado 25 Xuño 2011
stan na Praza do Concello a partir das 11:00
Encontro de Asambleas Galegas as 10:00 na Plaza do Obradoiro (5 membr@s)

Venres 24 Xuño 2011
ASAMBLEA XERAL semanal as 20:30 no Concello (ou Fonte do Cristo)
desaloxo imposto a #acampaPonteareas polas forzas represivas
inicio festival en Porriño “Coiro de Pita”

Xoves 23 Xuño 2011
reunion de organización as 19:30 (adiantase unha hora por festividade) no Bar Salgueira (libre de asistencia e escoita, pero non de voto) **ADIANTADA O MÉRCORES
Noite das fogueiras de San Xoán

Mércores 22 Xuño 2011
Reunión da Comisión de Acción as 20:30 na praza

Martes 21 Xuño 2011
stan na Praza do Concello a partir das 11:00
reunion da Comisión Informativa "Audiovisual" dende as 21:30 no Bar Salgueira

Luns 20 Xuño 2011
Proxección de Documentais na praza as 20:30
...................................................................................................................
Domingo 19 Xuño 2011
Manifestacion Internacional dos pobos do Mundo e "Contra o Pacto do Euro" con inicio e preparación no Porriño para chegar  as 18:00 a Vigo e unirnos como colectivo "indignad@s da lourinha"

Sabado 18 Xuño 2011
stan na Praza do Concello a partir das 11:00
Taller formativo "técnicas de comunicación" as 11:00 na praza do concello

Venres 17 Xuño 2011
ASAMBLEA XERAL as 20:30 no Concello (ou Fonte do Cristo)

Xoves 16 Xuño 2011
reunion de organización as 20:30 no Bar Salgueira  (libre de asistencia e escoita, pero non de voto)

Mércores 15 Xuño 2011
Reunión as 20:30 na praza para realizar tarefas organizativas

Martes 14 Xuño 2011
stan na Praza do Concello a partir das 11:00
reunion da comisión informativa "audiovisual" as 23:15 no Bar Salgueira

domingo, 12 de junho de 2011

MANIFESTO "democracia real xa"

Somos persoas normais e correntes. Somos coma ti: xente que se
levanta polas mañás para estudar, para traballar ou para buscar
traballo, xente que ten familia e amizades. Xente que traballa arreo
todos os días para vivir e darlles un futuro mellor a quen nos rodea.
Algunhas destas persoas considerámonos máis progresistas, outras
máis conservadoras. Unhas crentes, outras non. Unhas temos
ideoloxías ben definidas, outras considerámonos apartidarias e
outras apolíticas... Pero todas e todos estamos preocupad@s,
indignad@s polo panorama político, económico e social que vemos
arredor de nós. Pola corrupción da clase política, empresarial e da
banca... pola indefensión da cidadanía de a pé.
Esta situación fainos dano día tras día. Pero se nos unimos,
podemos mudala. É hora de pórse en movemento, hora de
construírmos entre todas, entre todos, unha sociedade mellor.

Por iso sostemos firmemente o seguinte:
• As prioridades de toda sociedade avanzada deben ser a igualdade, o progreso, a solidariedade, o libre acceso á cultura, a sustentabilidade ecolóxica e o desenvolvemento, o benestar e a felicidade das persoas.
• Existen uns dereitos básicos que deberían estar cubertos nestas sociedades: dereito á vivenda, ao traballo, á cultura, á saúde, á educación, á participación política, ao libre desenvolvemento persoal e ao consumo dos bens necesarios para unha vida saudable e feliz.
• O actual funcionamento do noso sistema económico e gobernamental non atende a estas prioridades e constitúe un atranco para o progreso da humanidade.
• A democracia parte do pobo (demos = pobo; cracia = goberno), de xeito que o goberno debe ser do pobo. Así e todo, a maior parte da clase política nin sequera nos escoita. As súas funcións deberían ser as de levar a nosa voz ás institucións, facilitando a participación política e cidadá mediante vías directas e procurando o maior beneficio para o groso da sociedade, non a de se enriqueceren e medraren a expensas de nós, atendendo unicamente aos ditados dos grandes poderes económicos e aferrándose ao poder mediante unha ditadura partitocrática encabezada polas inamovibles siglas do PP PSOE *e máis partidos convecionais capitalistas.
• A ansia e acumulación de poder nunhas poucas mans xera desigualdade, crispación e inxustiza, o cal conduce á violencia, que nós rexeitamos. O obsoleto e antinatural modelo económico vixente bloquea a maquinaria social nunha espiral que se consome a si mesma enriquecendo unha minoría e sumindo o resto na pobreza e escaseza. Até o colapso.
• A vontade e fin do sistema é a acumulación de diñeiro, primándoa por riba da eficacia e o benestar da sociedade, estragando recursos, destruíndo o planeta, xerando desemprego e consumidores infelices.
• Os cidadáns somos parte da engrenaxe dunha máquina destinada a enriquecer unha minoría que non sabe nin das nosas necesidades. Somos xente anónima, pero sen nós, nada disto existiría, pois nós movemos o mundo.
• Se como sociedade aprendemos a non confiar o noso futuro a unha abstracta rendibilidade económica que nunca redunda en beneficio da maioría, poderemos eliminar os abusos e carencias que todos e todas nós sufrimos.
• É necesaria unha revolución ética. Puxemos os cartos por riba do ser humano, mais temos que pólos ao noso servizo. Somos persoas, non produtos do mercado. Eu non son só quen compro, por que o compro e a quen llo compro.

Por todo o exposto, estamos indignadas, estamos indignados.
Cremos que podemos mudalo. Cremos que podemos axudar.
Sabemos que, unidas e unidos, podemos. Sae connosco. É o teu dereito.


METODOLOXÍA ASEMBLEARIA (documento)

 Dende o punto de vista organizativo, este é un sistema complexo e difícil de organizar, un método democrático de toma de decisións no que a palabra dunha persoa vale tanto como a do resto e a de todas xuntos vale para todas. O que unha persoa quere, se vale para si mesma, pode tamén valer para todas e o que vale para todas, pode valer para unha mesma persoa.
O sistema asembleario debe defender o interese xeral e o particular.

Polo tanto deben terse en conta os seguintes aspectos:
- Que toda a cidadanía participante na asemblea se sinta escoitada e capaz de promover algo que chegue a ser aceptada por todas as persoas que así o consideran.
- Que a opinión dunha gran maioría non quede en nada pola opinión en contra dunha minoría.
- Que a diversidade de opinións tenden á diverxencia, en cuestións superficiais, pero en temas máis profundos (necesidades básicas e emocionais), á converxencia.

O sistema organizativo poderá ir desenvolvéndose a través destes mecanismos:
-Emenda: proposta particular ou colectiva de modificación duns ou varios puntos. Entendendo como modificación a proposta particular ou colectiva de cambio, ampliación ou redución dun a varios puntos da normativa e xestión da asemblea.
-Revisión: proposta particular ou colectiva para re-alcanzar (volver votar) algún acordo.
-Contrarrelatorio: proposta particular ou colectiva, completa ou parcial, contraria ou diferente á existente nese momento. Faise necesaria se se revoga algún aspecto, porque se non minguaría a capacidade de desenvolvemento da metodoloxía da asemblea.

  1. Definición da asemblea:A asemblea é unha reunión aberta a cidadanía que escoita, apoia e defende a todo aquela persoa que estea indignada, triste, desesperada ou sufocada con ou pola situación actual, xa sexa por motivos económicos, culturais, políticos, sociais, legais ou de calquera outra índole sen importar o seu sexo, idade, condición, estrato social, ideoloxía, orixe de procedencia ou calquera outra razón discriminatoria.
  2. Funcións: Esta asemblea é lexítima e soberana para alcanzar acordos de índole interna e tamén de procesos de seguir a cara ao exterior.
  3. Deber:Esta asemblea está obrigada a cumprir os seus propios acordos nun prazo de tempo razoable salvo imposibilidade legal ou física.
  4. Ámbito:
    a) As decisións tomadas pola asemblea serán de aplicación no ámbito da propia asemblea, dentro do entorno Val dá Louriña (concretamente Porriño e Mos), podendo ser estendido de realizarse accións en coordinación con outras asembleas doutros ámbitos territoriais.
    b) As asembleas realizaranse cada Venres ás 20:30 na Praza do Concello do Porriño. Salvo excepcións fundamentadas e consensuadas, en asemblea anterior ou por impedimento legal ou climatolóxico, tendo sempre que propoñer unha alternativa e chegar a acordo, con imperativo de polo menos, dunha asemblea semanal.
  5.  Orde do día: Establecerase unha Orde do Día, que debe ser publicada en redes sociais e por escrito, polo menos, un día antes da asemblea, para permitir a reflexión persoal e a busca de propostas que formular na xornada asemblea seguinte.
    Nela han de constar polo menos:
    - As cuestións formuladas na caixa de correo de suxestións
    -Temas que quedasen pendentes na asemblea anterior.
    -Descrición xeral das cuestións levadas a cabo nesa semana por cada comisión, salvo a comisión de tesouraría na que a descrición das contas xerais debe ser totalmente transparente e estar publicada en papel e rede social, actualizándoa a diario.
  6. Dereitos e deberes dos cidadáns ante a asemblea:
     Dereito a:
    - Expresar a súa opinión en torno ao punto a tratar, a participar, propoñer ideas ou formas de actuación.
    - Ocupar un cargo nunha comisión.
    - Recibir información necesaria para o total desenvolvemento do explicado anteriormente.
    - Defender as súas propostas ante o resto da asemblea mediante a palabra no estrado.
    - Propoñer a revogación a calquera dos cargos das comisións en caso de que demostre neglixencia ou grave desleixo das súas funcións.
    Deber de:
    -Defender por medio da palabra os acordos da asemblea.
    -Ser responsable e consecuente cos seus actos e practicar o respecto aos outros convocados á asemblea e aos acordos desta.
    -Non menosprezar nin menoscabar a integridade física, intelectual ou moral do resto de participantes.
    -Defender os acordos da asemblea ante axentes externos, a pesar de non ter tal deber ante a propia asemblea.
    -Non acudir á asemblea en estado claro de embriaguez de ningunha substancia que poida afecta á decisión do seu voto, e moito menos a consumilas en asemblea ou calquera acción desta, sendo consciente de que iso minguaría a validez desta forma de participación cidadá.
  7.  Dinámica de cada asemblea:
    -Establecerase unha persoa como moderadora, que será sempre voluntaria, podendo ofrecerse ou ser electa de xeito natural, pero sempre rotando o posto entre a cidadanía asemblearia. Terá as seguintes funcións:
    -Presentar a Orde do Día, punto a punto
    -Dar quenda de palabra.
    -Controlar tempos de intervención, sabendo que cada quenda non ha de superar os 10 minutos co fin de que todas as persoas teñan tempo de obxectar ou preguntar. As obxeccións, rogos, preguntas e contrarrelatorios senten un límite de 5 minutos. E as alusións só 1 minuto.
    - Tamén se establecerán auxiliares a moderadora, coas seguintes funcións:
    -Axudar a moderadora nas súas funcións cando estas sobresaian a súa capacidade.
    -Tomar acta do máis importante falado e /ou concluído na asemblea. A acta lerase ao final da asemblea para que sexa aprobada (pola cidadanía asamblearia presente) ou no caso contrario introducir correccións, debendo ser publicada nun máximo de 3 días posteriores na rede social pertinente e en todo caso accesible a calquera que a solicite.
    -Contar os votos cara a unha proposta para confirmar ou non a súa aprobación en asemblea.
  8. A votación:
    -Será votación directa a man alzada.
    -Para a aprobación de proposta debe contarse, polo menos, coa maioría simple dos votos emitidos pola cidadanía asamblearia presente, máis un (>al 50%). Salvo naquelas decisións sobre algo crucial, como é o futuro da asemblea ou a disolución desta, os seus principios e finalidades... para o cal se precisará unha maioría de dous terzos para a súa aprobación.
    - En caso de que as abstencións superen en número aos votos de aprobación ou rexeitamento, a proposta quedará sen acordo, podendo ser de novo formulada a petición da persoa relatora sempre que introduza algún cambio na súa proposta..
  9. As comisións: Son órganos encargados do traballo do día a día sobre un ámbito determinado que demande a asemblea. As súas reunións de traballo chámanse plenarias e non teñen capacidade de toma de acordos, si de decisións referentes ao devandito traballo.
    Encárganse de realizar o traballo que a asemblea pida na súa área mediante acordo, debendo explicar a grandes trazos o método de traballo usado e como se desenvolveu.
    Esíxese polo menos unha comisión de "Organización e coordinación de comisións" e unha de "Comunicación e información". Sen indicar cales ou cantas máis, que irán xurdindo de modo natural segundo aparezan necesidades e incidindo en que non exista duplicidade de funcións ( cuestións de decisión e acordo en asemblea).
  10.  A expulsión da asemblea:
    Con carácter extraordinario, poderase tomar a decisión en asemblea de expulsar un persoa participante por malos tratos, vexacións ou violencia de calquera índole contra algunha ou varias persoas.
  11. Censo:A asemblea deberá esforzarse por levar un censo da persoas participantes (co fin de coñecer a evolución do número de participantes das asembleas). Delegando esta función na comisión de "Organización e coordinación de comisións" por ser a que debe estar en boa sincronía con todas elas.

    A APROBACIÓN DA METODOLOXÍA DE ASEMBLEA SERÁ EFECTIVA A PARTIR DA VOTACIÓN, DEIXANDO DE MARGEN DÚAS ASEMBLEAS ( DÚAS SEMANAS) PARA POSIBLES PROPOSTAS MODIFICATIVAS.